Miguel Edreira Website
Fotos de Galiza
Google
O meu Blog

 

Fotos en Flickr.com :: Cableados no Faiado

REPENSANDO A WEB

Outravolta coma un camaleón esta web muda de cor para ofertar somente información e links relacionados coas novas tecnoloxias .

Medrarán os links e as miñas bookmarks compartidas, se cadra tamén próspera a idea do fotolog...a verdade sobrepasados os trinta paso de perder excesivo tempo en deseñar interfaces web para o lucimento persoal .

Traballo con Mac OS, mais ainda uso Windows 2000 ou XP nalgunha reliquia de 300 mghz que hai pola casa e instalo algunha versión de Linux para amenizar eses momentos valeiros das fins de semana que outras/os adican a resacas e lecturas dos suplementos de prensa.

Disfruto da informática aparte de viver dela, mais non son adicto a nada, nen defensor dunha ou doutra marca ou sistema. Utilizo a tecnoloxia mais procuro que non sexa ao contrário. Neste complicado comezo do século XXI nada funciona coma nos venderan: seguimos percorrendo as cidades montados en ruidosos aparellos que consumen cantidades inxentes de combustiveis fóseis, os ordenadores son máquinas tontas que funcionan a base de sistemas que se colgan, non hai robots que fagan o noso traballo, e esa Europa solidaria a que pertencemos gasta millóns de euros en aramios para que Africa sega a morrer de fame sen que o vexamos.

Apple fai cartos cos iTunes e Microsoft levará Windows à Marte se se descobre ali a existéncia dalgun tipo de virus, mesmo alguen deveria exiliar ali ao ínclito Bill Gates polo ben da humanidade ou polo menos para axudar à saude mental dalguns técnicos de hardware... Algun estudante de informática será quen de fabricar os seus própios drivers para linux e nada cambiará demasiado mentres importe máis a marca, cor ou modelo de ordenador que o que se fai con el...

Desde aqui contarei a miña particular visión da evolución de cousas coma internet, nacida de Arpanet -enxendro militar ianqui produto da guerra fria-, a usabilidade e as redes livre-pensadoras online e de activismo e hackivismo democrático frente a imperios monopolísticos e ditaduras mediáticas que tentan aparvar-nos.

Haverá un pouco de todo, máis non incluo blog (sempre vos quedará todonada.com )con posibilidade de réplica, teredes no e-mail, a única forma de contribución ou crítica ao aqui apareza. Mentres eu estarei a reinstalar a última beta de Dreamweaver ou a facer amaños e cableados no faiado desta casa chea de ordenadores reciclados e paredes de pedra a proba de intrusións wifi...

Miguel Edreira - Primavera de 2007

MiguelEdreiraPontoCom
iEspaña

GalizaNo 2006 rexistrei o meu domínio persoal en iEspana Pro, Empresa francesa que oferta uns servizos MEDIOCRES. Polo mesmo prezo unha Empresa Galega oferta moitas máis prestacións cunha atención directa 24 Horas ao dia.

MUDANZA DE HOSTING. Dinahosting: Hosting Profesional en Galiza, Santiago de Compostela(Abril de 2007)
GalizaVeño de mudar-me a Dinahosting, Empresa Galega cunhas excelentes prestacións e mellor atención online e telefónica 24/365.

E seguerá aqui toda esa información de links e artigos sobre informática tecnoloxia e temas variados serán accessiveis sen publicidade.

Deseño Web en Galicia - Diseño gráfico - Blogs - BlogMillo


Miguel Edreira Webiste: Informática e Deseño web

Dinahosting - Resgistro de Web - Dominios .es - Dinahosting - Empresas Galegas en Internet - Web 2 - Usabilidad

Miguel Edreira Website:Cableados no Faiado: Informática e Deseño Web Miguel Edreira Blog As miñas fotos en Flickr.com