Sistema
operativo utilizado nos computadores Apple.
Na actualidade estase a comercializar a
versión 10.4 de Mac OS. A primeira
versión deste sistema foi lanzada ó mercado
en 1984,
coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual
que os sistemas empregados en anteriores
máquinas de Apple introducía
unha interface gráfica manexada
mediante o rato,
fronte ós PC de IBM desa época,
que utilizaban MS-DOS.
Sen embargo, a realidade é que
o seu éxito no mercado foi relativo,
especialmente trala xeralización das
máquinas PC e a introducción
de Microsoft Windows.
En calquera caso, sempre mantivo unha cuota
de mercado aceptable, ó redor dun
5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros
de Apple e a escasa innovación, xunto
coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron
en serio risco a continuidade da plataforma.
No ano 2001 Apple
introduciu a versión 10 deste sistema.
Sen embargo, esta versión foi revolucionaria,
xa que supuxo a ruptura coa liña de
desenvolvemento existente ata entón: é un
sistema novo, baseado en UNIX e
que para manter a compatibilidade co software
existente ata entón sírvese
dun emulador.
A introducción deste novo sistema,
bautizado como Mac
OSX, xunto co éxito doutras áreas
comerciais da empresa (iPod)
fai que a supervivencia da plataforma pareza
garantida.
No 2005 Apple
tomou a decisión de deixar de incorporar
procesadores PowerPC nas
súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium.
Isto abre as portas da compatibilidade deste
sistema con máquinas PC, e de feito
nese mesmo ano comezaran a aparecer os primeiros
desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo,
aínda que nin contan co apoio da compañía
nin con respaldo legal. Nun futuro, nembargantes,
non é descartable a aparición
dunha versión oficial para PC.